jueves, 10 de diciembre de 2015

Actividade 10

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.


O GPS (Global Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou unha persoa, en calquera lugar do planeta, cunha percepción de metros ou, mesmo, centímetros.

A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas par cubrir toda a superficie terrestre.

Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de reducir os sinais dos satélites. Unha vez que o recceptor ten añ menos o sinal de catro satélites, polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.

Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar á que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Devanditos navegadores poden estar integrados, en vahículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis estendidos Navman e TomTom Navigator.
  • Google Glass. Busca unha imaxe na rede. 

Google Glass son unhas pequenas gafas de alta tecnoloxía, desenvolvidas por Google, que funcionan como asistente virtual empregando realidade aumentada. Conectan ao usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe se mostra nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altavoz. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as lentes poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de internet.

Empregan unha versión reducida do sistema operativo Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por internet e usar a maioría de aplicacións de Google.

  • Smart Watch. Busca unha imaxe na rede. 


Un reloxo intelixente (Smart Watch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Emprega as tecnoloxías Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a internet e intercambiar información con outros dispositivos.


Estes dispositivos poden incluír características como un acelerómetro, altímetro móbil, barómetro, brúxula, cronógrafo, equipo de buceo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altavoces, axenda, etc.


Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións, que soen estar relacionadas coa saúde o deporte, a produtividade, os contidos multimedia, os xogos e o acceso a redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario